Lista de produtos por provedor José Manuel Panadeiros

Amante da agricultura, apaixoado do rural e apicultor por vocación, este mozo de adopción irixense e veciño da Lama do Campo, achéganos o mel A Bullada, evocando ós nosos avós que facían as festas e encontros nas cortes dos animais, as que denominaban "bulladas". Nun futuro esperamos tamén poder desfrutar de ricas e naturais froitas e verduras dos seus campos e hortas.

Esta web só usa cookies que son necesarias para o seguro e correcto funcionamento do sitio. Ten máis información na nosa política de cookies.