CONDICIÓNS XERAIS E TERMOS DA CONTRATACIÓN

No presente, establecense as condición xerais do servizo e termos das condicións da contratación:

A) CONDICIÓNS XERAIS

Identificación do prestador do servizo

O Concello de O Irixo, e o representante legal do sitio Web (en diante Responsable do Tratamento) onde se ofertan productos denominados “Marca O Irixo”, con enderezo social en Praza de Calvo Sotelo, no 10 O IRIXO (32530) (Ourense)-España, con CIF: P3203600F, o cal crea este sitio Web con unha plataforma e canle de comercio electrónico, como intermediario técnico que interrelaciona a os vendedores, productores, comerciantes e persoas profesionais que desexen prestar e dar a coñecer os seus productos ou a súa propia venta vía Plataforma de Compradores, entendendo estes como persoas físicas ou xurídicas nos termos recollidos nas presentes condicións de uso.

O documento contractual que aquí se achega rexerá a contratación de produtos e servizos a través do sitio Web www.tendaoirixo.es, titularidade do Concello de O Irixo e a aceptación deste documento leva que o USUARIO:

• Leu, entende e comprende o aquí exposto.

• É unha persoa con capacidade suficiente para contratar.

• Asume todas as obrigacións aquí dispostas.

Estas condicións terán un período de validez indefinido e serán aplicables a todas as contratacións realizadas a través do sitio Web de “Marca O Irixo”, este responsable é coñecedor e informa que a acción comercial aquí executada da que é responsable, así como a lexislación vixente dos países aos que envía os produtos e polo que resérvase o dereito de modificar unilateralmente as condicións e paises de entrega, sen que iso poida afectar os bens ou promocións que foron adquiridos previamente á modificación.

Obxecto Principal

Este proxecto denominado "Marca O Irixo" é unha plataforma dinamizadora do Concello de O Irixo co ánimo, de potenciar as súas xentes e os seu productos agricolas e a actividade comercial, tendo a súa iniciativa nun proxecto de dinamización para poder dar a coñecer o bo facer das suas xentes, e os productos de primeira calidade no campo da gandeiría, agricultura e recolectores ou productores, así como o seu comercio. A “Marca O Irixo”, trátase de un proxecto multisectorial, que abrangue diversos aspectos: Impulso da Industria preexistente, o contar con varias industrias agroalimentarias de gran importancia no sector e de un producto de primeira calidade, Recuperación dos soutos e da castaña de O Irixo e polo que se propón a recuperación dos soutos e a comercialización de este producto por parte dos veciños, que ademáis de fomentar a recuperación e limpeza dos soutos poidan facer a venda das suas colleitas, e a Promoción da hostelería e turismo por medio de fabricación da fariña de castaña, que permitirá crear diferentes rutas etnogastronómicas, xornadas e feiras gastronómicas así como a colaboración dende o Concello co sector hosteleiro municipal. Todo isto, co fin de apoialas distintas iniciativas dos asociados neste plan e dar divulgación a un plan estratéxico de marketing para a iniciativa comercial, que centrará a súa actividade nunha canle de venta online. A través da que o cliente poderá mercar productos de O Irixo dende calquera parte de España, sendo enviados conxuntamente dende as instalacións municipais. Ante isto O Concello de O Irixo fará campañaspromocionais e publicitarias, promovidas e organizadas pola “Marca O Irixo”, así como o poder facilitar a canle de venta online segundo a mecánica de funcionamento que se detalla nas presentes bases.

Descripción Xeral

O obxectivo fundamental e dar a coñecer os productos de terras de O Irixo e a súa comercialización, así como habilitar a canle de venta online para todos aqueles interesados en mercar productos agroalimentarios con denominación “Marca O Irixo” ou a propia fariña de castaña que será comercializada e transformada polo propio Concello o ser mercada os colleiteiros e que o Concello se encargará de convertila en fariña de castaña, usando para elo un muiño de pedra tradicional restaurado no sito no lugar do Porto da Veiga.

“Marca O Irixo”, ofrece os servizos e medios para facilitar a venda e adquisición de productos dos veciños do Irixo agrupados na “Marca O Irixo”. A información aquí contida poderá alterarse ou modificarse sen previo aviso, en canto o seu deseño, presentación e/ou configuración deste sitio Web, así como a oferta de productos ou servizos postos a disposición dos usuarios.

Por favor, lea estos e teña en conta os presentes Termos e Condicións antes de darse de alta como usuario neste sitio Web, así como os servizos ofrecidos polo Concello para dar a coñecer a “Marca O Irixo”. Indicámoslle que o uso do sítio Web recae sobre o usuario. Debido a utilización de este sitio Web, vostede acepta as condicións do presente acordo.

Os termos e condicións de uso son un conxunto de reglas e declaracións onde as persoas usuarias deste sitio Web, canle de venta online ou servizos ofertados, o usuario deberá aceptar as condicións para seguir ou facer uso do sitio Web, das ferramentas, dos productos aquí ofertados e dos propios servizos. E decir, son lementos que regulan a relación contractual ca persoa usuaria ou interesada respecto do acceso a os contidos e servizos do sitio Web.

En canto a canle de venta online, os termos e condicións de uso sirven tamén par establecer as reglas contractuais que permiten o usuario coñecer cales son as responsabilidades que asume o titular do sitio Web respecto ao servizo que presta. O mesmo tempo, pretendemos por medio do presente poñer en coñecemento do usuario os seus dereitos e aquelas obrigas que deberá de cumprir para poder acceder os contidos e servizos ofertados no presente sitio Web.

O acceso e a utilización deste sitio Web de O Concello de O Irixo habilitado para “Marca O Irixo”, supón a aceptación de termos e condición de uso para os interesados, por unha parte a aceptación plena e sin reservas de todalas condicións recollidas nas presentes Condicións Uso e Termos do Contrato por parte dos Usuarios do sitio Web (interesado ou comprador de productos “Marca O Irixo”). “Marca O Irixo” resérvase en todo caso o dereito unilateral de modificalas presentes condicións de uso e acceso ao servicio para facilitar e intercambiar información de acordo os productos ofertados, productos de tempada, colleitas, servizos e/ou tenda online de comercialización dos agrupados na marca e así como establecer comunicacións entre usuarios. Para rexistrarse como usuario, solicitar presupostos, prezos, información ou pedidos o Usuario dará o seu consentimento para o tratamento dos seus datos, ditos datos serán incorporados ao “Rexistro de Actividades de Tratamento de Dinamización “Marca O Irixo” e serán tratados coa finalidade da xestión comercial da “Marca O Irixo” por parte do Responsable do Tratamento (Concello de O Irixo), infórmaselle a os interesados que o respectivo tratamento farase de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e da propia Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais, aplicando no tratamento a medidas de seguridade que garanten a integridade e confidencialidadedos datos de todolas persoas Usuarias do sitio Web de “Marca O Irixo”. Os interesados poderán cuxos datos estean a ser tratados polas accións comerciais de “Marca O Irixo” poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, tamén terán dereito a revocar o consentimento aquí concedido no momento que así o soliciten. Para o exercicio dos dereitos poden dirixirse o Responsable do Tratamento ou por medio de correo electrónico a info@irixo.gal, onde farán referencia o dereito que petenden exercer, para acadar maís información sobre o tratamento dos datos poden consultar “Política de Privacidade”.

O presente sitio Web foi diseñado e creado para permitir o acceso por parte dos Usuarios os productos e servizos ofertados de “Marca O Irixo”. As condicións de uso están suxeitas a legalidade vixente e os principios da boa fe e uso lícito por parte do usuario, quedando prohibido calqueira tipo de actuación en perxuicio de “Marca O Irixo” e de terceiros.

As Condicións de uso, incluen tamén as condicóns aplicables para a utilización da Plataforma por parte de os Compradores, na queles casos nos que “Marca O Irixo” non sexa parte contratante no contrato de venda se este se fai directamente ente os comerciantes ou colleiteiros de “Marca O Irixo” e os compradores.

O Prezo dos productos da “Marca O Irixo” expostos no presente sitio Web implica a aceptación plena por parte de cada Usuario que execute confirmación de pedido, aceptando este a condición aquí indicadas e de Condicións e Termos da Contratación y a súa plena comprensión independentemente da sua residencia e do lugar de entrega dos Productos aque ofertados.

Procesos de comercialización

Pedidos e entregas

O Concello de O Irixo (Responsable do Tratamento), actúa como intermediario e dinamizador da “Marca O Irixo” polo qué o Concello pon a disposición dos comerciantes, empresas e productores unha plataforma con sitio Web para habilitar un servizo de venta Online.

Intermediación e Fases comerciais: O entrar unha confirmación de pedido do Usuario o persoal do Concello pasará a recoller os produtos ou mercancías que integran o pedido o comercio ou productor correspondente e integrado na “Marca O Irixo”, nese intre entregaráselle o proveedor un albarán que asinará en base a mercaduría entregada e de conformidade, o persoal do concello encomendado para ditas tarefas pasará a preparar o pedido para o envío correspondente o pedido do que se trate, procédese o embalaxe da totalidade de produtos que integran o pedido e o precinto do mesmo (embalaxe), para completar o proceso do pedido notificarase a empresa encomendada para o transporte e reparto un encargo de servizo de transporte e entrega, pasando esta a súa recollida, asinando este encargo e o compromiso de transporte en frío e con entrega máxima de 14 horas.

O Usuario ou solicitante do pedido, asinará no momento da entrega e no enderezo indicado para isto a nota de entrega.

Proveedores e pagos

Cada un dos productores ou comerciantes que proveeron para os pedidos encomendados, emitirán unha Factura mensual o Concello co total do importe dos productos e mercadurías que foron recollidas no seu establecemento o longo do mes, ditas facturas serán pagadas polo Concello “Marca O Irixo” mediante transferencia bancaria.

Medios habilitados por parte do responsable para a comercialización de “Marca O Irixo”

O Responsable comprometese a dinamización e desenvolvemento da “Marca O Irixo”, habilitando e facilitando distintos instrumentos, como canles de venta online e accións de recuperar os mercados de proximidade, utilizando distintos medios de campañas e accións divulgativas, dos integrantes da “Marca O Irixo”.

Rexistro de Usuarios

Non se dispón de rexistro de usuarios.

Idade

Os servizos e comercialización de productos “Marca O Irixo”, están únicamente dispoñibles para Usuarios maiores de 18 anos que teñan capacidade legal para cumpir contratos legais baixo a lei correspondente. Polo que se vostede se rexistra como Usuario, vostede garantiza que ten 18 años cumpridos e que toda a información que rexistra e facilita por medio deste sitio Web, vostede dí que se axusta a realidade e os datos facilitados son verdadeiros ademáis de exactos.

Dereito a denegar o servizo por parte de “Marca O Irixo”

“Marca O Irixo”, reservase o dereito a cancelar contas inactivas ou sen confirmar, ademais de denegar o servizo a o usuario, por calqueira razón e en calqueira momento.

Publicación no sitio Web de Productores ou Comerciantes agrupados na “Marca O Irixo”

O comerciante, productor ou vendedor do producto ofertado e adherido a “Marca O Irixo”, garantiza que todolos aspectos do producto que pon a venda cumplen cas políticas de “Marca O Irixo”. Tamén deberá de garantir que legalmente e capaz de comercializar dito producto ou servizo conforme a lei.

Responsablididade de “Marca O Irixo”

O servizo ofertado por medio deste sitio Web e baixo o nome de “Marca O Irixo”, limítase a simple prestación do servizo intermediario para facilitar e intercambiar información sobre as posiblidades de vendas online de aqueles productores, colleiteiros ou comerciantes do Concello do Irixo, ademais “Marca O Irixo” por este medio pretende establecer unha canle de comunicación entre

Usuarios, e polo tanto a responsabilidade do uso que aquí poida estar volcada en canto a información e os contidos de cada un dos comentarios ou suxerencias e dos propios productores ou comerciantes recaerá exclusivamente sobre quenes os realicen. “Marca O Irixo”, soamente exercerá de comercializadora e como parte contractual no producto de “Fariña de Castaña -Marca O Irixo”

Finalidade principal de “Marca O Irixo”, esta é unha plataforma que agrupa a vendedores e compradores en un sitio Web.

“Marca O Irixo”, permite a Usuarios que accedan a mercar productos con un pvp prefixado e exposto e non participa directamente nas transacións entre compradores e vendedores, únicamente como intermediario con encargo de exposición e dar a coñecer os productos ofertados, encargarse dos cobros e executar os pagos os comerciantes ou productores, por conseguinte “Marca O Irixo” non e responsable daquelas transación económicas directas quepoidan darse fora de “Marca O Irixo”, non tendo tampouco control nin responsabilidade sobre a calidade, seguridade e legalidade dos productos expostos e comercializados. Este sitio Web serve nestes casos de soporte para que compradores cheguen a acordos cos vendedores e polo tanto, non e responsable “Marca O Irixo” nin do contido, nin de información verquida por estas partes ou links aquí facilitados.

B. CONDICIÓNS DO CONTRATO

I. Identidade das partes contratantes

Por unha banda, o provedor dos bens ou comercializador odos seus productos, servizos ou colleiteiros que abastecerán a oferta da “Marca O Irixo” e contratados ou ben como suministradores do producto ou servizo que están dispostos a comercializar por medio do sitio Web da “Marca O Irixo”, por outro lado o Concello de O Irixo como promotor e intermediario para facilitar e achegar o producto e servizo que el xestionará por medio do presente sitio Web e outros canles que poida promocionar. E de outra parte, o USUARIO, como solicitante ou interesado de mercar productos “Marca O Irixo”, que poderá rexistrarse no sitio web mediante un nome de usuario e contrasinal, sobre os que ten responsabilidade plena de uso e custodia, e será el mesmo o responsable da veracidade dos datos persoais facilitados ao “Marca O Irixo”

II. Obxecto do contrato

O presente contrato ten por obxecto regular a relación contractual de compravenda nada entre agrupacións de profesionais e productores de “Marca O Irixo” e o USUARIO no momento en que este acepta durante o proceso de contratación en liña a casiña correspondente a pedidos. A relación contractual de compravenda leva a entrega, a cambio dun prezo determinado e publicamente exposto a través do sitio web, dun produto ou servizo concreto.

III. Procedemento de contratación

O USUARIO, para poder acceder aos servizos ou produtos ofrecidos por “Marca O Irixo” pode solicitalos directamente, sen necesidade de rexistrarse como usuario. No caso de habilitar este xeito de pedidos e rexistro por parte de “Marca O Irixo”, o USUARIO deberá proporcionar de maneira libre e voluntaria os datos persoais que lle serán requiridos, os cales serán tratados por parte do responsable de conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, o Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 ( RXPD) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e da propia Lei Orgánica 3/2018, de 5 de dicembro, de Protección de Datos Personales e garantía dos dedereitos dixitáis (LOPDGDD) e detallado no Aviso legal do presente sitio Web, así como a Política de Privacidade relativa o tratamento e consentimento de datos de carácter persoal que O USUARIO facilita. No caso de que vostede como interesado decida rexistrarse deberá de seleccionarár un nome de usuario e un contrasinal, comprometéndose a facer un uso dilixente dos mesmos e a non poñelos a disposición de terceiros, así como a comunicar “Marca O Irixo” a perda ou roubo dos mesmos ou do posible acceso por un terceiro non autorizado, de maneira que este proceda ao bloqueo inmediato. No caso de que vostede decida rexistrarse como usuario para exercer os seus pedidos, infórmase que de conformidade co que esixe o artigo 27 da Lei 34/2002,de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSICE), o procedemento de contratación seguirá os seguintes pasos:

1. Cláusulas xerais de contratación.

2. Envío de pedidos.

3. Dereito de desistencia.

4. Reclamacións.

5. Forza maior.

6. Competencia.

7. Xeneralidades da oferta.

8. Prezo e prazo de validez da oferta.

9. Gastos de transporte.

10. Forma de pago, gastos e descontos.

11. Proceso de compra.

12. Garantías aplicables.

13. Garantías e devolucións.

14. Lei aplicable e xurisdición.

1.CLÁUSULAS XERAIS DE CONTRATACIÓN

Salvo estipulación particular por escrito, a realización dun pedido por calqueira medio a “Marca O Irixo” esto supón a aceptación por parte do USUARIO destas condicións legais. Ningunha estipulación feita polo USUARIO poderá diferir das do responsable de “Marca O Irixo” se non foi expresamente aceptada por adiantado e por escrito por “Marca O Irixo”. Salvo estipulación particular por escrito, a realización dun pedido a “Marca O Irixo” supoñerá a aceptación por parte do USUARIO destas condicións legais. Ningunha estipulación feita polo USUARIO poderá diferir das de “Marca O Irixo”, se non fose esta expresamente aceptada por adiantado e por escrito por “Marca O Irixo”.

2. ENVÍO DE PEDIDOS

“Marca O Irixo”, non enviará ningún pedido ata que comprobase que se realizou o pago. Os envíos de mercadorías ou productos faranse habitualmente mediante empresa de transporte contratada por “Marca O Irixo” ou polos seus propios medios, o desplazamento faráse en transporte de frio, os transportes van por conta de “Marca O Irixo” e asume este cando sexán canjeados por “vales desconto que se farán a clientes” e segundo o destino designado libremente polo USUARIO. As datas ou prazos de entrega entenderanse aproximadas sendo estiamdas en 48 horas según do produto que se trate, non constituíndo o atraso incumprimento esencial. No caso de que “Marca O Irixo” non realizase a entrega da mercadoría transcorridos as 24 horas do día seguinte o pedido ou dende a data de entrega pactada, o cliente quedará lexitimado para cancelar o pedido e recibir a devolución do importe total pagado sen ningún custo, e sen que por iso derívese ningunha responsabilidade por danos e prexuízos imputable a “Marca O irixo”. O prazo de entrega adoita estar comprendido entre 12 e 24 horas dos días laborables seguintes a confirmación de pedido ou data de entrega, así como tamén dependerá para pactar a data de entrega a poboación de destino e a forma de pago elixida. Enténdese este termo sempre que se confirmou a dispoñibilidade da mercadoría e comprobado o pago completo do pedido feito polo Usuario.“Marca O Irixo”, non asumirá ningunha responsabilidade cando a entrega do produto ou servizo non chegue a realizarse, por ser os datos facilitados polo USUARIO, falsos, inexactos ou incompletos. A entrega considerarase realizada no momento en que o transportista puxese os produtos a disposición do USUARIO e este, ou o delegado por este, asinase o documento de recepción da entrega. Corresponde ao USUARIO verificar os produtos á recepción e expoñer todalas excepcións e reclamacións que poidan estar xustificadas no documento de recepción da entrega.

3. DEREITO DE DESISTENCIA

O USUARIO ten os mesmos dereitos e prazos para proceder a realizar a devolución e / ou reclamar os posibles vicios ou defectos que presente o produto ou servizo, tanto en modo en liña como fóra de liña. O USUARIO dispón dun prazo de 24 horas do día seguinte, e contados a partir da data de recepción do produto, para a devolución do mesmo (artigo 71 da Lei 3/2014 do 27 de marzo). Salvo que a devolución sexa realizada por defectos no produto, os gastos relativos ao envío serán asumidos por parte do USUARIO. O produto deberá ser devolto na súa embalaxe orixinal e en perfecto estado. O dereito de desistencia non poderá aplicarse nos seguintes casos:

a) Se o produto non se presenta en perfectas condicións.

b) Se as embalaxes do produto non son os orixinais ou estes non se atopan en perfecto estado. A embalaxe orixinal deberá protexer o produto de maneira que se reciba en perfectas condicións, quedando prohibido o uso de precintos e cintas adhesivas aplicados directamente sobre o mesmo.

c) Cando o produto estea aberto e retirado o precinto sen poderse demostrar que non se usou ou manipulou.

d) Cando sexan produtos personalizados ou aqueles, que por razóns de hixiene ou outras excepcións legalmente previstas, non sexan susceptibles deste dereito. Toda devolución deberá estar comunicada a “Marca O Irixo” indicando o número de factura ou pedido no correo electrónico devoluciones@tendaoirixo.es. Unha vez o USUARIO recibise resposta por parte de “Marca O Irixo” fará chegar o produto, cos gastos de transporte ao seu cargo, no domicilio de Concello de O Irixo, “Marca O Irixo”, en Praza de Calvo Sotelo, no 10 O IRIXO (32530) (Ourense)

4. RECLAMACIÓNS

Aquelas reclamacións que o USUARIO considere oportunas serán atendidas na menor brevidade posible, podéndose realizar nas seguintes direccións de contacto:

– Teléfono: 988287400

– Mail: hola@tendaoirixo.es

– Enderezo Postal: Praza de Calvo Sotelo, no 10 O IRIXO (32530) (Ourense)

– Resolución de litixios en liña (Online Dispute Resolution). Conforme ao Artígo 14.1 do

Regulamento (UE) 524/2013, a Comisión Europea facilita unha plataforma de acceso gratuíto para a resolución de conflitos online entre o USUARIO e o PRESTADOR, sen necesidade de recorrer aostribunais de xustiza, mediante a intervención dun terceiro, chamado Organismo de resolución de litixios, que actúa de intermediario entre ambolas dúas partes. Este organismo é neutral e dialogará con ambalas partes para lograr un acordo, podendo finalmente suxerir e/ou impoñer unha solución ao conflito. Ligazón á plataforma ODR: http://ec.europa.eu/consumers/odr/

5. FORZA MAIOR

As partes non incorrerán en responsabilidade ante calquera falta debida a causa maior de forza maior. O cumprimento das obrigacións demorarase ata o cesamento do caso de forza maior que poidera producirse por causas naturais de forza maior, catástrofes, climatoloxías, medidas de restricción aplicadas a determinadas zonas xeográficas para prevención e expansión da Covid-19, e otras que poideran producirse.

6. COMPETENCIA

O USUARIO non poderá ceder, transferir ou transmitir os dereitos, responsabilidades e obrigacións contratados na venda a outros terceiros. Se algunha estipulación destas condicións fose considerada nula ou de imposible cumprimento, a validez, legalidade e cumprimento do resto non se verán afectados de ningunha maneira, nin sufrirán modificación de ningún modo.

Previamente o darse de alta como O USUARIO ou solicitar e formular unha petición de pedido por primeira vez o Usuario deberá previamente ver as condicións aquí establecidad e cando se da de alta como Usuario declara ler, entender, coñecer e aceptar as presentes Condicións Xerais en toda a súa extensión.

7. XENERALIDADES DA OFERTA

Todas as vendas e entregas efectuadas por “Marca O Irixo” entenderanse sometidas ás presentes Condicións Xerais. Ningunha modificación, alteración ou pacto contrario á Proposta Comercial de “Marca O Irixo” ou aquí estipulado terán efecto, salvo pacto expreso por escrito asinado por “Marca O Irixo” sendo neste caso, estes pactos particulares os que prevalecerán en base o acoradado. Dados os continuos avances técnicos e melloras dos produtos, así como distintas productos de tempada “Marca O Irixo”, reservase a facultade de modificar as súas especificacións respecto da información facilitada na súa publicidade, en canto a prezo, dispoñibilidade de producto e características do mesmo, sendo en casos determinados situacións que podan afectar o valor dos produtos ofrecidos. Estas modificacións terán así mesma validez, no caso de que por calqueira causa se víse afectada a posibilidade de subministración dos produtos ofrecidos, manteñemento de prezo e cantidade de producto.

8. PREZO E PRAZO DE VALIDEZ DA OFERTA

Os prezos que se indican respecto de cada produto inclúen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) ou outros impostos que puidesen ser aplicables. Estes prezos, a menos que se indique expresamente o contrario, non inclúen os gastos de envío, manipulación, envoltorio, seguro de envíos ou calquera outros servizos adicionais e anexos ao produto ou servizo adquirido. Os prezos aplicables a cada produto son os publicados no sitio web e expresaranse na moeda EURO. O USUARIO asume que a valoración económica dalgúns dos produtos poderá variar en tempo real ou de campañas e colleitas determinadas. Antes de executar a compra poderá comprobar en liña todos os detalles do presuposto total e prezo individual de productos, en canto a: artigos,cantidades dispoñibles, prezo, dispoñibilidade, gastos de transporte, cargos, descontos, impostos e o total da compra. Estes prezos poden cambiar periodicamente incluso diariamente, mentres non se execute a confirmación do pedido. Unha vez realizado o pedido, os prezos manteranse tanto se hai dispoñibilidade de produtos coma se non. Todo pago realizado a “Marca O Irixo” leva a emisión dunha factura a nome do USUARIO rexistrado ou da razón social que este informase no momento de executar o pedido. Esta factura será enviada xunto co produto adquirido, así como en formato PDF á dirección de correo electrónico proporcionada polo USUARIO. Para calqueira información sobre o pedido, o USUARIO poderá contactar con “Marca O Irixo” a través do teléfono de atención ao cliente 988287400 ou vía correo electrónico en hola@tendaoirixo.es

9. GASTOS DE TRANSPORTE

Unha vez vostede realice o seu pedido levará indicado nun apartado concreto os custos do mesmo, e ditos custos de transporte serán canxeados por “vales de desconto por volúmen de compra que se irán entregando a cada cliente (usuario)”. Os prezos (pvp) non inclúen os gastos de envío ou comunicación, nin de posibles instalacións, ou prestacións complementarias, salvo pacto expreso por escrito en contrario. Os custes por cargo do cliente (usuario) poderán calcularanse no momento de gardar a cesta ou orzamento, xa que se pode calcular e afectar dito custe o volumen de producto, peso dos produtos e polo enderezo indicado para a entrega. A tarifa do transporte aplicaráse en base o desprazamento e aténdose o Código Postal da solicitude de entrega.

10. FORMAS DE PAGO, CARGOS E DESCONTOS

A forma de pago establecese por TPv o cliente fai o pago no momento da compra, e polo que o Usuario solicitante do pedido efectuará o pago o facer a confirmación de solicitude do pedido online, mediante pago con TPV.

11. PROCESO DE COMPRA Cesta (simulación de orzamento)

Calquera produto do no catálogo de “Marca o Irixo” pódese engadir á cesta. Nesta, só se observarán os artigos, a cantidade, o prezo e o importe total. Unha vez gardada a cesta procederase a calcular os impostos, cargos e descontos segundo os datos de pago e de envío introducidos. As cestas non supoñen ningunha vinculación administrativa, só é un apartado onde se pode simular un orzamento sen ningún compromiso por ambalas partes. Dende a cesta pódese facer un pedido seguindo os seguintes pasos para a súa correcta formalización:

1. 1. – Comprobación dos datos de facturación.

2. 2. – Comprobación da dirección de envío.

3. 3. – Selección da forma de pago.

4. 4. – Executar o pedido (comprar).

Unha vez procesado o pedido, o sistema envía instantáneamente un correo electrónico ao apartado de xestión de compras de “Marca O Irixo”. Pedidos (solicitudes de compra). Nun máximo de 48 horas, en días laborables, enviarase un correo electrónico confirmando o estado do pedido e a data posible de envío, para confirmación do cliente.

12. GARANTÍAS APLICABLES

Todos os produtos ofrecidos a través deste sitio Web son con denominación “Marca O Irixo” e cumprirán co establecido nas bases e requerimento para ser etiquetados e comercializados ca “Marca O Irixo”, salvo que se indique o contrario na súa descrición. Todos teñen unha garantía decalidade de producto, conforme aos criterios e condicións descritos no Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias.

13. GARANTÍAS E DEVOLUCIÓNS

A calidade dos produtos ofrecidos responderán aos seguintes artigos baseados na Lei 23/2003 do 10 de xullo de Garantías de venda de bens de consumo:

I.) Conformidade dos produtos co pedido e aceptación de compra (contrato)

1. Salvo proba en contrario, entenderase que os produtos son conformes co pedido executado e aceptado polo cliente (contrato) sempre que cumpran todos os requisitos que se expresan a continuación, salvo que polas circunstancias do caso algún deles non resulte aplicable:

a) Axústense á descrición realizada por “Marca O Irixo”

b) Sexan aptos para o consumo ou usos a que ordinariamente destínense os produtos ofertados.

c) Sexan aptos para calquera uso especial requirido polo cliente cando o puxera en coñecemento de “Marca O Irixo” no momento da celebración do contrato ou confirmación de pedido, sempre que este admitise que o produto é apto para este uso.

d) Presenten a calidade e prestacións habituais dun produto do mesmo tipo que o cliente poida fundadamente esperar, tendo en conta da natureza deste e, no seu caso, das descricións sobre as características concretas dos produtos feitas por “Marca O Irixo” e dependendo en todo caso da campaña ou colleita.

e) “Marca O Irixo” describe os detalles dos tipos de productos, as súas características e as habitualmente as fotografías dos produtos facilitados polo fabricante dos mesmos ou productor das mesmas mercadurías, de maneira que non queda obrigado por estas declaracións públicas, agás do artigo “fariña de castaña Marca O Irixo”, que será etiquetada e elaborada, envasada e exposición de imaxe propia de “Marca O Irixo”.

2. A falta de conformidade que resulte dunha incorrecta manipulación do produto equipararase á falta de conformidade do mesmo cando o uso deste esté incluída no contrato de compravenda e fose realizada por “Marca O Irixo” ou baixo a súa responsabilidade da mesma, ou polo USUARIO cando o uso defectuoso débase a un erro nas instrucións ou dos procesos de cadea de frio ou requisitos adecuados da sús conservación, e tendo en conta as datas de caducidade e os seus cumprimentos de productos perecedeiros cando sexa o caso.

3. Non procederá a responsabilidade por faltas de conformidade que o USUARIO coñeza ou non puidese ignorar no momento da celebración do contrato ou confirmación de pedido e que teñan a súa orixe en mercadurías fornecidas polo USUARIO.

II) Responsabilidade de “Marca O Irixo”, responderá ante o USUARIO de calqueira falta de conformidade que exista no momento da entrega do produto, e recoñece ao USUARIO o dereito á reparación do produto, á súa substitución, á rebaixa do prezo e á resolución do contrato.

III) Reparación ou reposición e substitucións dos produtos.

1. Se o produto non é conforme co contrato e non se corresponde ca confirmación de pedido, o USUARIO poderá optar entre esixir a subsanación ou a substitución do mesmo, salvo que unha destas opcións resulte imposible ou desproporcionada ou estivesen agotados os productos de calidade e carácteristicas semellantes as solicitadas polo Usuario, neste caso farase a devolucióndo producto por parte do Usuario e en canto se rexistre a entrada e comprobación por parte de “Marca O Irixo” procederase o abono do importe do correspondente o mesmo na parte proporcional e correspondente a factura, o abono farase seguindo o mesmo medio de pago que fixo o Usuario. Desde o momento en que o USUARIO comunique a “Marca O Irixo” a opción elixida, ambalas partes deberán aterse o acordado. Esta decisión do USUARIO enténdese sen prexuízo do disposto no artigo IV do seguinte apartado para os supostos en que a subsanación ou a substitución non logren poñer o produto en conformidade co contrato ou confirmación de pedido do Usuario.

2. Considerarase desproporcionada toda forma de saneamento que impoña a “Marca O Irixo” custos que, en comparación coa outra forma de saneamento, non sexan razoables, tendo en conta o valor que tería o produto se non houbese falta de conformidade, a relevancia da falta de conformidade e se a forma de saneamento ou sustitución alternativa que puidésese ser realizadas sen inconvintes maiores para o USUARIO.

IV) Regras da subsanación ou substitución do produto.

Por razóns de subsanación e/ou substitucións axustaranse ás seguintes regras:

a) Serán gratuítas para o USUARIO. Esta gratuidade comprenderá os gastos necesarios realizados para enmendar a falta de conformidade dos produtos co contrato ou confirmación de pedido, especialmente os gastos de envío, así como os custos relacionados coa man de obra e os materiais empregados se fose o caso.

b) levarán a cabo nun prazo razoable e sen maiores inconvintes para o usuario, tendo en conta a natureza dos produtos e a finalidade que tivesen para o USUARIO.

c) A subsanación suspende o cómputo dos prazos a que se refire o artigo VII. O período de suspensión comezará dende que o USUARIO poña o produto a disposición de “Marca O Irixo” e concluirá coa entrega ao USUARIO do produto xa subsanado ou sustituido. Se fose o caso de mercadurías técnicas ou mecánicas o tipo de reparación ou subsanación contará cunha garantía de seis meses posteriores á entrega do artigo reparado non sendo esto aplicable en todo caso os productos de consumo e alimentación,”Marca O Irixo”, responderá das faltas de conformidade que motivaron a subsanación ou sustitución. Presúmese que se trata da mesma falta de conformidade cando se reproduzan no produto defectos do mesma orixe que os inicialmente manifestados.

d) A substitución suspende os prazos a que se refire o artigo VII desde o exercicio e da opción ata a entrega do novo produto. Ao produto substituto seralle de aplicación, en todo caso, o segundo parágrafo do artigo VII.

e) Se concluída a reparación e entregado o produto ou artigo, este segue sendo non conforme co contrato ou pedido de conformidade, o USUARIO poderá esixir a substitución do mesmo, dentro dos límites establecidos no apartado 2 do artigo IV, ou a rebaixa do prezo ou a resolución do contrato nos termos do artigo V.

f) Se a substitución non logra poñer o produto en conformidade co contrato ou pedido de conformidade feito polo Usuario, o USUARIO poderá esixir a susbsanación do mesmo, dentro dos límites establecidos no apartado 2 do artigo IV, ou a rebaixa do prezo ou a resolución do contrato nos termos dos artigos V e VI.

g) O USUARIO non poderá esixir a substitución no caso de produtos non funxibles, nin tampouco cando se trate de produtos de segunda man.

V) Rebaixa do prezo e resolución do contrato.

A rebaixa do prezo e a resolución do contrato procederán, a elección do USUARIO, cando este non poida esixir a reparación ou a substitución do produto e nos casos en que estas non se levaron a cabo no prazo razoable ou sen maiores inconvenientes para o USUARIO. A resolución non procederá cando a falta de conformidade sexa de escasa importancia.

VI) Criterios para a rebaixa do prezo.

A rebaixa do prezo será proporcional á diferenza existente entre o valor que o produto tivese no momento da entrega de ser conforme co contrato e o valor que o produto efectivamente entregado tiña no momento da entrega.

VII) Prazos

1. Salvo proba en contrario, a entrega enténdese feito o día que figure na factura ou etiqueta de compra, ou no albarán de entrega correspondente se este fose de data posterior.

2. A acción para reclamar o cumprimento do previsto nos artigos anteriores prescribe aos 6 meses ou da data de caducidade se fose o caso o tratarse de productos perecedeiros, dende a entrega do produto.

3. O USUARIO deberá informar a “Marca O Irixo” da faia de conformidade no momento de recibir o producto, e non sobrepasando as 24 horas o tratarse de productos perecedeiros, tampouco obedecerá a esto se o producto ou mercaduría non foi tratado despois da entrega dun xeito adecuado como pode ser o proceso da cadea de frio ou malas condicións no seu almacenamento. Salvo proba en contrario, entenderase que a comunicación do USUARIO tivo lugar dentro do prazo establecido, cando se faga dun xeito inmediato o recibir o pedido.

VIII) Acción contra o produtor.

Cando ao USUARIO resúltelle imposible ou lle supoña unha carga excesiva dirixirse a “Marca O

Irixo” por falta de conformidade dos produtos co contrato ou por otras razóns de disconformidade da compravenda o Usuario poderá reclamar directamente ao produtor co fin de obter a substitución ou subsanación do produto. Con carácter xeral, e sen prexuízo de que a responsabilidade do produtor en caso de cesamento, establecerase nos mesmos prazos e condicións que os establecidos para “Marca O Irixo”, o produtor responderá pola falta de conformidade cando esta refírase á orixe, identidade ou idoneidade dos produtos, de acordo coa súa natureza e finalidade e coas normas sanitarias e de consumo que os regulan. Enténdese porprodutor, o fabricante dun produto, colleiteiro ou o importador do mesmo no territorio da Unión

Europea ou a calquera persoa que se presente como tal ao indicar no produto o seu nome, marca ou outro signo distintivo encadrada en “Marca O Irixo”. Quen respondese fronte ao USUARIO, dispoñerá do prazo de 6 meses para artigos técnicos ou mecánicos ou ferramentas (non se aplica a productos perecedeiros e de consumo ou alimentación) repetir de responsable e da falta de conformidade. Este prazo compútase a partir do momento en que se completou ou subsanación.

14. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

Estas condicións rexeranse e serán interpretadas conforme á lexislación española naquelo que non quede expresamente establecido no presente prego de condicións, “Marca O Irixo” e o USUARIO, así como aqueles productores e proveedores da “Marca O Irixo” que poñan a venda os seus productos a traveso deste sitio Web, acordan someter calquera controversia que puidese suscitarse da compravenda dos produtos ou servizos obxecto destas Condicións, nos Xulgados e

Tribunais do domicilio do USUARIO. No caso de que o USUARIO teña o seu domicilio fóra de

España, “Marca O Irixo” e o USUARIO renuncian expresamente a calquera outro foro, someténdose aos Xulgados e Tribunais da cidade de Ourense.

Normativa aplicada nas condicións xerais

Os termos e condicións para a venta online, e para rexistrarse como interesado ou ben exercer os seús pedidos, estes establecense en base a:

• Normativa das partes contractuais, e

• A LSSI ou Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio

Electrónico, sendo a normativa que regula as actividades económicas a través de Internet, entendendo éstas como aqueles productos ou servizos ofertados por medio de páxinas Web, tendas online e correo electrónico. E en definitiva normativa que regula as acividades comerciais feitas a través de Internet (LSSI-CE) https://www.boe.es/eli/es/l/2002/07/11/34/con

• La propiedad intelectual e industrial (Real Decreto Legislativo 1/1996) https://www.boe.es/eli/es/rdlg/1996/04/12/1/con

• La protección de datos: (RXPD) https://www.boe.es/doue/2016/119/L00001-00088.pdf e (LOPDGDD) https://www.boe.es/eli/es/lo/2018/12/05/3/con

• Defensa dos dereitos e intereses dos consumidores e usuarios LEI 2/2012, de 28 de marzo, galega de protección Xeral das persoas consumidoras e usuarias.

Ademáis da anterior normativa, podería verse afectada tamén a dirixida a particulares en defensa dos consumidores Real Decreto Legislativo 1/2007, de 16 de noviembre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley General para la Defensa de los Consumidores y Usuarios y otras leyes complementarias.

Notificacións

Todas aquelas comunicacións ou notificacións por parte dos usuarios de este sitio Web de “Marca O Irixo”, poderán executalas por medio dos seguintes xeitos habilitados:• Envío por correo postal a la siguinte enderezo: Concello de O Irixo (Marca O Irixo) Praza de Calvo Sotelo, no 10 O IRIXO (32530) (Ourense) • Envío por correo electrónico a: info@irixo.gal

Informado.

Delia Pérez

DPD

10/11/2020

Esta web só usa cookies que son necesarias para o seguro e correcto funcionamento do sitio. Ten máis información na nosa política de cookies.