O Irixo é vida, é natureza, é patrimonio... Pero ante todo, O Irixo é a súa xente: agricultores, gandeiras, artesás,... veciños loitadores, que día a día, sacan o mercado produtos de calidade excepcional. Agora tes a posibilidade de desfrutar na túa mesa o mellor do noso pobo.

Marca O IrixoO proxecto multisectorial Marca O Irixo, reúne os esforzos dos empresarios do noso concello en este portal de venda en liña, xerando a oportunidade de expandir os nosos manxares por todo o territorio español.

A recuperación dos soutos, a posta en valor do patrimonio coa recuperación de un muiño de auga que transformará a castaña seca en fariña, a promoción do sector hostaleiro, xunto co apoio o tecido empresarial existente e a creación de emprego, son os piares do proxecto Marca O Irixo, con un obxectivo principal:

Demostrar que no rural hai futuro.

Esta web só usa cookies que son necesarias para o seguro e correcto funcionamento do sitio. Ten máis información na nosa política de cookies.