AVISO LEGAL

1. TITULARIDADE E IDENTIDADE DESTE SITIO WEB

www.tendaoirixo.es (en adiente, o sitio Web) son dominios cuia titularidade e contidos pertencen e están xestionados por:

CONCELLO DE O IRIXO

CIF: P3203600F

Praza de Calvo Sotelo, no 10 O IRIXO (32530) (Ourense)

Tlf. 988287400

E-mail de contacto: info@irixo.gal

Delegada de Protección de Datos:

Datos de contacto: Dona Delia Pérez

Correo postal: (Rexistro Xeral) Praza de Calvo Sotelo, no 10 O IRIXO (32530) (Ourense)

E-mail de contacto: info@irixo.gal

2. INFORMACIÓN XERAL

O Concello de O irixo (en adiente Responsable de Tratamento), como TITULAR do sitio Web (Portal), pon este portal a disposición dos usuarios de internet como un método de participación na campaña e marca “Marca O Irixo”, co fin de apoiar o plan de marketing, que centra a súa actividade nunha canle de venta online, a través da que o usuario (en adiante interesado) poderá mercar productos de O Irixo dende calquera parte de España, sendo enviados conxuntamente dende as instalacións municipais.

Este sitio Web, foi creado co obxeto de facilitar unha ferramenta os interesados, dun proxecto de dinamización para as xentes de O Irixo, co fin de potenciar e dar a coñecer o gran abano de produtos de gran calidade do Concello e que veciños e veciñas de O Irixo co seu bo saber facer en canto a gandeiría, agricultura e recolectores de productos agrícolas de orixe de O Irixo seguen mantendo, e que estos poidan comercializar a “Marca O Irixo” e poder permitir así a súa participación na mesma.

Os usuarios e usuarias do Portal poden navegar sen necesidade de revelar a súa identidade. Soamente para poder acceder aos servizos que dispoñan de xestión ou trámite específico e solicitude de productos “Marca O Irixo” aqueles interesados haberán de facilitar os datos persoais imprescindibles para a prestación do servizo aquí indicada.

O presente aviso legal regula o uso dos servizos deste portal de Internet, e polo que, as presentes condicións regulan o uso do sitio web relacionado que o Concello de O Irixo pon gratuitamente a disposición dos usuarios de Internet e de aqueles interesados na “Marca O Irixo”. A utilización deste sitio web atribúelle ao interesado a condición de usuario do mesmo e supón a plena aceptación e sen reservas de todas e cada una das disposicións incluídas no presente Aviso Legal na versión publicada no momento mesmo no que o usuario acceda ao sitio web, así como da Política de Privacidade e tratamento de datos persoais.

Tanto o sitio Web como calquera tipo de micrositios ou redes sociais asociadas poden conter artígos, novas, comentarios ou valoracións sobre diferentes temas que asociados e interesados de “Marca O Irixo” poidese considerar do seu interese, e cuxo contido reflexa únicamente a opinión ou criterio dos seus autores.

O Concello de O Irixo, resérvase a facultade de realizar actualizacións e modificacións sobre a información contida no Portal en calquera momento e sen previo aviso.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais do Responsable do Tratamento. En canto a este servizo, o Concello de O Irixo efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, ainda así non garante a inexistencia de erros que poidan producirse no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado en todo momento.

O Concello de O Irixo, non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas neste Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

O Concello de O Irixo, non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario ou interesado deste sitio Web ou Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

O Concello de O Irixo, resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

3. ACEPTACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO

As condicións aquí expresadas teñen por obxeto regular o uso deste sitio de internet que o Concello de O Irixo, (en adiante TITULAR do sitio Web), pon á disposición dos interesados.

O uso deste sitio Web por un terceiro atribuelle a este a condición de USUARIO e supón a aceptación plena por este usuario ou interesado de todas e cada unha das condicións expresadas no presente Aviso Legal.

Alguns servizos dos que se poidan ofertar a traves desta Web poderán estar rexidos por unhas condicións particulares propias, que en función do mesmo, sustituen, complementan e/ou modifican as presentes condicións e das cal o usuario recibirá cumprida información.

O Concello en canto o servizo “Marca O Irixo” poderá establecer condicións particulares de obrigado cumplimento que regulen a utilización e/ou contratación de productos ou servizos dos integrantes ou daqueles específicos ofrecidos aos usuarios a través do sitio Web. Por esto, antes de utilizar e/ou contratar ditos productos ou servizos específicos o usuario deberá ler atentamente as correspondentes condicións particulares xa que a utilización e/ou contratación de ditosproductos ou servizos específicos implican a aceptación das mesmas nos termos aquí indicados ou da asociada entidade correspondente ofertante, no momento no que se produza dita utilización e/ou contratación.

4. USO CORRECTO DESTE SITIO WEB

O Usuario comprometese a empregar o sitio Web, os contidos e servizos de conformidade ca Lei e co presente Aviso Legal, así mesmo coas boas costumes e orde público, do mesmo xeito, o Usuario obrígase a usar o sitio Web e os servizos que se presten a través del, de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, o usuario comprométese a absterse de:

- A realización de "framings" ou a utilización por parte de terceiros de calesquera outros mecanismos que alteren o diseño, configuración orixinal ou contidos da web.

- Suprimir, eludir ou manipular datos de rexistro, marcas e demáis datos identificativos dos dereitos ou dos seus titulares, incorporados aos contidos e/ou servizos ofertados desde o sitio web, así como características e condicións dos productos ofertados e dos seus productores, tamén aqueles dispositivos técnicos de protección ou calquer mecanismo de información que puideran conter os mesmos.

- Empregar os contidos e en particular, a información do sitio Web “Marca O Irixo” obtida a través da súa Web propia do Concello para remitir publicidade, comunicación con fins de venta directa ou con calquera outra clase de finalidade comercial, ou mensaxes non solicitados dirixidos a unha pluralidade de persoas e avalado polo Concello.

- En xeral, empregar os contidos de forma, con fins ou efectos contrarios á lei, á moral e ás boas costumes xeralmente aceptadas ou ó orde público.

- Usar, reproducir, copiar, distribuir, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou levar a cabo calquera actividade similar ou análoga sobre os contidos da web e portáis vinculados, sen que medie previa e expresa autorización do Concello.

O Concello autoriza a exposición e promocións dos distintos productores e comerciantes asociados a “Marca O Irixo”, areproducción total ou parcial dos textos e contidos proporcionados no sito Web de “Marca O Irixo” sempre que concurran todas e cada unha das seguintes condicións:

- Teña autorización do Concello como participante e uso da “Marca O Irixo”

- Mantéñase a integridade dos contidos, documentos ou gráficos.

- Cítese expresamente á “Marca O Irixo” como fonte e orixe de aqueles.

- O propósito e a finalidade de tal uso sexa compatible cos fins do sitio Web e/ou a finalidade da promoción e oferta da “Marca O Irixo”.

- Non se pretenda un uso comercial, quedando expresamente prohibidas a súa distribución, comunicación pública, transformación ou descompilación, dun xeito particular.Calquera outro uso que considere, haberá de ser comunicado e autorizado polo Concello de O Irixo, previa e expresamente.

O compromiso por parte de calqueira usuario, ben sexa promotor ou interesado na merca de productos, queda tamén e abrangue o non destruir, alterar, inutilizar ou, de calqueira outro xeito, causar danos aos datos, programas ou documentos electrónicos e demáis que se atopen no presente sitio Web.

O Usuario comprométese, a non obstaculizar o acceso de outros usuarios ao servizo de acceso mediante o consumo masivo dos recursos informáticos a través dos que o TITULAR do sitio Web presta este servizo, así como executar accións que danen, interrompan ou xeneren erros en ditos sistemas.

O Usuario comprométese a non introducir programas, virus, macros, applets, controis ActiveX ou calqueira outro dispositivo lóxico ou secuencia de caracteres que causen ou sexan susceptibles de causar calqueira tipo de alteración nos sistemas informáticos titular do Sitio Web ou de terceiros.

5. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Todos os contidos deste Portal, marcas, deseños, logos, material sonoro audiovisual, fotográfico ou calquera outros signos ou elementos susceptibles de protección por dereitos de propiedade intelectual e industrial que formen parte do presente sitio web son propiedade do Concello ou de terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión no mesmo e que figuran como autores ou titulares dos dereitos.

En ningún caso entenderase que se concede licenza algunha ou se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial dos devanditos dereitos, nin se confire ningún dereito, e en especial, de explotación, reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública sobre os devanditos contidos sen a previa autorización expresa e por escrito do seu titular.

Isto sen prexuízo de que no Portal se publiquen contidos baixo licenzas específicas para o cumprimento dos obxectivos en canto a transparencia, datos abertos e reutilización de información pública.

6. ÁMBITOS E REGULAMENTO DA RESPONSABILIDADE LEGAL

O Concello exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo.

O contido do presente sitio Web, emítese a efectos meramente informativos, e non substitúe a publicación oficial de leis, actos ou outras disposicións que legalmente haxan de publicarse ou notificarse persoalmente aos interesados.

O Concello non pode garantir que a información publicada neste Portal estea libre de erros ou que sexan contido actualizados. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do BOP, DOG, BOE, DOUE ou de calquera boletín oficial teñen carácter auténtico e validez oficial. Tampouco se pode garantir que a dispoñibilidade do servizo sexa continua e ininterrompida en todo momento,debido á posibilidade de que aparezan problemas técnicos na rede e/ou nos prestadores de servizo de telecomunicacións, entre outros.

O Concello non se fai responsable dos danos e prexuízos que se puidesen ocasionar polo uso ilexítimo ou inadecuado de ferramentas ou informacións contidas no sitio Web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercizo das súas competencias municipais.

6.1. Responsabilidade polo uso deste sitio Web

O Usuario é o único responsable das infraccións nas que poida incorrer ou dos prexuizos que poida causar polo emprego deste sitio Web, quedando o Concello, os seus responsables, os prestadores de servizos e empregados, exonerados de calqueira clase de responsabilidade que se puidera derivar polas accións indebidas do Usuario.

Como se indicou nos apartados anteriores o TITULAR empregará todos os medios e esforzos necesarios para facilitar unha información actualizada e axustada á realidade dentro dos seus posibles, nembargantes, o TITULAR do sitio Web, non asume ningún tipo de garantía en relación ca ausencia de erros, ou de posibles inexactitudes e/ou omisións en ningúns dos contidos accesibles a través deste sitio Web.

O Usuario é o único responsable frente a calqueira reclamación ou acción legal, xudicial ou extraxudicial, iniciada por terceiras personas contra o Concello e do titular do sitio Web que estean basadas no emprego e mal uso do Usuario do sitio Web.

6.2. Responsabilidade polo funcionamiento do sitio Web

O TITULAR exclue de toda responsabilidade que se poidera derivar de interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, averías telefónicas ou desconexións no funcionamento operativo do sistema electrónico, motivado por causas alleas ao TITULAR deste sitio Web.

Excluense calqueira responsabilidade que puidera derivarse por retrasos do servizo do sitio Web e tamén aquelas reclamacións de demoras de entrega dos productos solicitados ou reclamacións da venda que recaerá únicamento sobre o productor ou vendedor ou compromiso de entrega e que O Concello achegará as correspondentes queixas ou aquelas reclamacións que poideran derivarse do producto e a súa comercialización o seu productor, vendedor ou encargo de transporte.

Asemade, tamén se exclue calqueira responsabilidade que puidera derivarse por retrasos ou bloqueos no funcionamiento operativo deste sistema electrónico causado por deficiencias ou sobre carga nas liñas telefónicas ou en Internet, así coma de danos causados por terceiras personas mediante intromisións ilexítimas fora do control do TITULAR,

O TITULAR do sitio Web, non asume a culpa de que algúns dos servizos non poidan funcionar correctamente no navegador ou ordenador do USUARIO, este sitio Web esta optimizado para Internet Explorer, nunha resolución de 800 x 600 mínimo e con contidos en JAVA, polo que é responsabilidade do propio USUARIO actualizar os seus sistemas ou os compoñentes que se precisen.

O titular do sitio Web, está facultado para suspender temporalmente, e sen previo aviso, a accesibilidade á Web con motivo de operacións de mantemento, e de aquelas actualizacións ou melloras que considere.

6.3. Responsabilidad por enlaces

Salvo autorización expresa por escrito, non se permite o establecemento de dispositivos técnicos de ligazón que desde páxinas de terceiros dean acceso directo ao sitio Web do Concello. Este Portal pode conter dispositivos técnicos de ligazóns a páxinas externas sobre as cales o Concello non se responsabiliza en ningún caso nin respecto dos contidos nin respecto de calquera outro aspecto relacionado coas devanditas páxinas ou o seu acceso.

En todo caso, se estos contidos poideran facilitar enlaces que poideran conducir ao USUARIO a outras Web xestionadas por terceiros.

O Concello, declina calqueira responsabilidade ao respecto:

• á información que se atope fora deste sitio Web, xa que as funcións en canto aos enlaces que poideran aparecer é para informar ao USUARIO para que teñan en conta a existencia doutras fontes de información sobre temas concretos.

• ao correcto funcionamiento de tales enlaces.

• ao resultado obtido a través de ditos enlaces.

• á veracidade e legalidade do contido ou información á que se poida acceder.

• aos perxuizos que poida sofrer o USUARIO en virtude da información atopada no sitio Web enlazado.

7. USO DE LINGUAS

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercizo dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos, en galego e castelán.

8. PROTECCIÓN DE DATOS

Os datos persoais que se recaben a través deste sitio Web serán tratados en todo momento de conformidade coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, tal e como se detalla na Política de Privacidade deste sitio Web.

8.1 Información Básica

Os datos facilitados polos usuarios en determinados formularios que poideran estar a disposición dos usuarios ou interesados neste sitio Web e aquela relativa a pedidos ou información de contacto que o usuario poida facilitar, ditos datos serán incorporados ao “Rexistro de Actividades de Tratamento de Dinamización “Marca O Irixo” e serán tratados coa finalidade específica do tratamento de dinamización e xestión da “Marca O Irixo” e a súa comercialización, informaselle a os interesados que o respectivo tratamento farase de conformidade coa regulación establecidapolo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e da propia Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais

Que o xeito de informar establécese por capas, e polo que os interesados poderán acadar máis información no Rexistro Xeral deste Concello, tamén enviando escrito o Rexistro Xeral do Concello a atención da Delegada de Protección de Datos, así como poden solicitar información en canto o tratamento de datos e/ou por medio de correo electrónico enviado info@irixo.gal.

A lexitimación deste tratamento atópase baseada no consentimento das persoas interesadas, ante situacións determinadas podería atoparse tamén o cumprimento dunha obrigación legal, o cumprimento dunha misión realizada en interese público, a protección de intereses vitais, ou a execución dun contrato.

O prazo de conservación dos datos será mentras sexa necesario para os envíos e comercialización dos productos “Marca O Irixo” nos que está interesado, ou altas solicitadas polo usuario en canto a bonificacións o comercialización de productos nos que estea interesado, os datos serán suprimidos unha vez remate a prestación dos servizos ou pola atención de supresión dos datos que faga o propio interesado, nembargantes estes datos permaecerán bloqueados ata cumprir os prazos das esixencias legais das que foxen obxeto.

Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso a para o servizo de portes acordados, e previo consentimento da persoa interesada para a que esta da o consentimento sempre que o servizo de transportes corra o noso cargo, e non se contemplan cesión agás das esixencias legais afectadas.

8.2 O exercicio dos Dereitos:

As persoas interesadas cuxos datos estean a ser tratados polo Concello en base o servizo de comercialización da “Marca O Irixo” poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia.

Para o exercizo destes dereitos, a persoa interesada poderá presentar unha solicitude dirixida o Responsable e a atención da Delegada de Protección de Datos por rexistro, segundo o previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (a oficiña principal do Rexistro Xeral atópase en Praza de Calvo Sotelo, no 10 O IRIXO (32530) (Ourense)).

Os usuarios e usuarias ou interesados en xeral poden poñerse en contacto ca Delegada de Protección de Datos pola mesma canle ou a través do enderezo de correo electrónico info@irixo.gal tanto para o exercicio dos dereitos, así como para acadar mais información en canto o tratamento dos datos xestión e comercialización da “Marca O Irixo”, asícomo do resto de tratamentos que se atopan a súa disposición encadrados nos distintos “Rexistros de Actividades de Tratamento de Servizos Municipais”.

En todo caso as persoas usuarias deste sitio Web “Marca O Irixo”, sendo o Responsable do Tratamento o Concello de O Irixo, teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levados a cabo pola Concello de O Irixo en canto a todos aqueles servizos municipais e aqueles Rexistros de Actividades sobre os que se executa o tratamento, as Políticas de Privacidade e Seguridade e Política de Cookies incluíndo o modo en que poden exercitar os dereitos a persoas interesadas, tamén o contacto da Delegada de Protección de Datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento Europeo de Protección de Datos Persoais, na seguinte ligazón https://oirixo.sedelectronica.es/privacy.1

Así mesmo informar aos interesados, que tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, mediante escrito dirixido á Axencia Española de Protección de Datos, C/Jorge Juan núm. 6, 28001 Madrid, ou accedendo á sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/ se consideran que algún dos seus dereitos non se ten atendido correctamente.

9. POLÍTICA DE COOKIES

Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal, que en ningún caso empréganse para recoller información de carácter persoal. Sendo estas de dous tipos:

Cookies propias: son enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola titular da Web, e que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte do usuario.

Cookies analíticas de terceiro: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal ou sitio Web. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.

Indicarlle que, para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións e información que facilitan da prestación do servizo de Google Analytics.

Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, presione aquí.

Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

10. LEXISLACIÓN E XURISDICCIÓN

As cuestións relacionadas co uso deste sitio Web ou os seus contidos rexiránse e serán interpretadas, en todos e cada un dos seus extremos, conforme ao presente Aviso Legal e á Política de Privacidade, así como a propia lexislación española, someténdose as partes que intervintes na comercialización dos productos, para calqueira xestión litigosa derivada dos mesmos, á xurisdicción e competencia exclusiva dos Xulgados e Tribunais da cidade de Ourense (Ourense - España) salvo nos casos en que non esté legalmente permitido, con renuncia de forma expresa a calquera outro fuero que puidera corresponderlles.

Indicar tamén que a propia Comunidade Autónoma de Galicia ten competencias exclusivas en materia de protección o consumidor. Co obxeto de desenvolver aquelas actividades relacionadas coa defensa dos dereitos e intereses dos consumidores e usuarios sendo dende o ano 1994 o Instituto Galego de Consumo (IGC) o que poderá dirixirse sendo este un organismo autónomo adscrito a Consellería de Economía e Industria. LEI 2/2012, de 28 de marzo, galega de protección Xeral das persoas consumidoras e usuarias.

Delia Pérez

DPD

09/11/2020

Esta web só usa cookies que son necesarias para o seguro e correcto funcionamento do sitio. Ten máis información na nosa política de cookies.