POLÍTICA DE PRIVACIDADE DO CONCELLO DE O IRIXO “Marca O Irixo”
A información que se amosa nesta páxina é de aplicación con carácter específico a “Marca O
Irixo”, vostede tamén poderá acadar mais información no relativo a todalas Actividades de
Tratamento de datos persoais realizados polo Concello, dirixíndose o Responsable do Tratamento.
De acordo co establecido pola normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal,
informámoslle que vostede está a facilitar os seus datos de carácter persoal ao seguinte
responsable e co conseguinte tratamento,
1. RESPONSABLE DO TRATAMENTO
CONCELLO DE O IRIXO
CIF: P3203600F
Praza de Calvo Sotelo, no 10 O IRIXO (32530) (Ourense)
Tlf. 988287400
E-mail de contacto: info@irixo.gal
Delegada de Protección de Datos:
Datos de contacto: Dona Delia Pérez
Correo postal: (Rexistro Xeral) Praza de Calvo Sotelo, no 10 O IRIXO (32530) (Ourense)
E-mail de contacto: info@irixo.gal
2.- REXISTRO DE ACTIVIDADES DO TRATAMENTO E FINALIDADE
Os datos facilitados polos usuarios nos formularios que se poñen a disposición neste sitio Web e
aquela relativa a pedidos ou información de contacto que o usuario poida facilitar por medio do
sitio Web, ditos datos serán incorporados ao “Rexistro de Actividades de Tratamento de
Dinamización “Marca O Irixo” e serán tratados coa finalidade específica do tratamento de
dinamización e xestión da “Marca O Irixo” a sú comercialización. O respectivo tratamento farase
de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento
Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e da propia Lei Orgánica
3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais
Que o xeito de informar establecese por capas, e polo que os interesados poderán acadar máis
información no Rexistro Xeral deste Concello, tamén enviando escrito o Rexistro Xeral do Concello
a atención da Delegada de Protección de Datos, así como poden solicitar información en canto o
tratamento de datos e/ou por medio de correo electrónico enviado info@irixo.gal.
A lexitimación deste tratamento atópase baseada no consentimento das persoas interesadas, ante
situación determinadas podería atoparse tamén o cumprimento dunha obrigación legal, o
cumprimento dunha misión realizada en interese público, a protección de intereses vitais, ou a
execución dun contrato.
O prazo de conservación dos datos será mentras sexa necesario para os envíos e comercializacióndos productos “Marca O Irixo” nos que está interesado, ou altas solicitadas polo usuario en canto
a bonificacións o comercialización de productos nos que estea interesado, os datos serán
suprimidos unha vez remate a prestación dos servizos ou pola atención de supresión dos datos
que faga o propio interesado, nembargantes estes datos permaecerán bloqueados ata cumprir os
prazos das esixencias legais das que foxen obxeto.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso a para o servizo de portes
acordados, e previo consentimento da persoa interesada para a que esta da o seu consentimento
sempre que o servizo de transportes corra o noso cargo e sexa encomendado ese servizo polo
usuario, e non se contemplan cesión a terceiros agás das esixencias legais afectadas.
Os datos recompilados serán unicamente os detallados no formulario de contacto, así como
aqueles que vostede mesmo facilítenos no apartado “Comentarios” ou por medio do correo
electrónico.
Este Responsable de Tratamento, poderá tratar os seus datos de carácter persoal de acordo coas
seguintes finalidades:
• Xestionar a súa navegación a través do Sitio web.
• Xestionar o servizo de Atención ao USUARIO, para información de “Marca O Irixo”,
confirmación de pedidos e rexistrarse como usario da mesma, tamén a traves da propia
finalidade do servizo o poder dar resposta ás dúbidas, queixas, comentarios ou
inquietudes que poida ter relativas á información incluída no Sitio web, así como calquiera
outras consultas que poida ter da “Marca O Irixo” e dos servizos ofertados.
• Xestionar o cumprimento, mantemento, desenvolvemento e control de calquera relacións
que esta entidade manteña con vostede.
O feito de non facilitar certa información sinalada como obrigatoria, pode levar que non sexa
posible o xestionar a súa petición a través do formulario de contacto, e atender a súa peticion
No caso de que nos achegue Datos Persoais de terceiros, vostede responsabilízase de informar e
obter o consentimento destes para ser achegados coas finalidades indicadas.
3.- LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
ART. 6.1.a) do RXPD e o ART. 6) da LOPDGDD. O interesado da o seu consentimento para o
tratamento dos seus datos persoais, para un ou varios fins específicos. E polo qué, a lexitimación
baséase no consentimento que vostede nos outorga ao clicar o botón “ACEPTO a Política de
Privacidade” e “Termos e Condicións do Contrato “Marca O Irixo”.
4.- DESTINATARIOS DE CESIÓNS
Non cederemos os seus datos a terceiros, agás no caso dos servicios encomendados para poder
completar o servizo por vostede solicitado, ademáis das obrigas legais establecidas.5.- DEREITOS DAS PERSOAS INTERESADAS
Por último, informámoslle dos seus dereitos en materia de protección de datos.
• Dereito a solicitar o acceso aos seus datos persoais.
• Dereito a solicitar a súa rectificación ou supresión (dereito ao esquecemento).
• Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento, e a opoñerse ao tratamento
• Dereito á portabilidade dos datos
• Opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas
Para exercer os seus dereitos non ten máis que realizar unha solicitude por escrito enviada ou
presentada no Rexistro Xeral do Concello ou aquelas que a lei establece, debendo acompañala
dunha copia do seu DNI ou da persoa representada, dirixida a atención da Delegada de Protección
de Datos do Concello, tamén poderá presentala por medio de correo electrónico info@irixo.gal
O Concello de O Irixo, dispón de formularios adecuados respecto dos anteriores dereitos, así como
dos contidos dos Rexistros de Actividades de Tratamento, finalidades e bases xurídicas
lexitimadoras de cada tratamento, non ten máis que consultalos ou solicitalos ou ben presentar o
seu propio escrito en CONCELLO DE O IRIXO en Praza de Calvo Sotelo, no 10 O IRIXO (32530)
(Ourense), tamén por info@irixo.gal
As persoas interesadas cuxos datos estean a ser tratados polo Concello en base o servizo de
comercialización da “Marca O Irixo” poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como a opoñerse á toma de
decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na
lexislación vixente sobre a materia.
Os usuarios e usuarias ou interesados en xeral poden poñerse en contacto ca Delegada de
Protección de Datos pola mesma canle ou a través do enderezo de correo
electrónico info@irixo.gal tanto para o exercicio dos dereitos, así como para acadar mais
información en canto o tratamento dos datos xestión e comercialización da “Marca O Irixo”, así
como do resto de Actividades de Tratamentos que se atopan a súa disposición encadrados nos
distintos “Rexistros de Actividades de Tratamento de Servizos Municipais”.
En todo caso as persoas usuarias deste sitio Web “Marca O Irixo”, sendo o Responsable do
Tratamento o Concello de O Irixo, teñen á súa disposición toda a información relativa ao
tratamento dos datos persoais levados a cabo pola Concello de O Irixo en canto a todos aqueles
servizos municipais e aqueles Rexistros de Actividades sobre os que se executa o tratamento, as
Políticas de Privacidade e Seguridade e Política de Cookies incluíndo o modo en que poden
exercitar os dereitos a persoas interesadas, tamén o contacto da Delegada de Protección de Datos
e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento Europeo de Protección de Datos
Persoais.Así mesmo informar aos interesados, que tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante
a Axencia Española de Protección de Datos, mediante escrito dirixido á Axencia Española de
Protección de Datos, C/Jorge Juan núm. 6, 28001 Madrid, ou accedendo á sede electrónica a
través da seguinte ligazón: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/ se consideran que
algún dos seus dereitos non se ten atendido correctamente.
6. PORTAL IRIXO.GAL
Vostede tamén poderá acadar mais información no relativo a todalas Actividades de Tratamento de
datos persoais realizados polo Concello, dirixíndose a este Responsable do Tratamento. Pode
acceder a información específica sobre o portal web municipal irixo.gal e tamén o exercicio dos
dereitos no enlace https://irixo.gal/politica-de-privacidade/ que pode atopar na páxina principal do
Responsable do Tratamento.
7.- MEDIDAS DE SEGURIDADE
O Concello de O Irixo, ten implantadas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir
a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, a perda e o tratamento
e/ou o acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos
almacenados e os riscos provenientes da acción humana ou do medio físico e natural a que están
expostas.
8. LEXISLACIÓN APLICABLE
Tendo en conta a principal lexislación sobre protección de datos persoais aplicada:


Lei 3/1018, de 6 de decembro, de protección de datos persoais e garantía de dereitos
dixitais
Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016
relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais
e á libre circulación destes datos
Revisado e Actualizado,
Delia Pérez
DPD
09/11/2020

Esta web só usa cookies que son necesarias para o seguro e correcto funcionamento do sitio. Ten máis información na nosa política de cookies.